Saturday 18 de May de 2024

O alumnado dos colexios nedenses desfrutou por todo o alto dos maios en Albarón


Os escolares de infantil e primaria de Neda foron este venres os grandes protagonistas da celebración dos maios na vila.Tras “vestir” con flores as árbores da feira de Albarón e degustar uns boliños preñados, os máis de 230 estudantes dos CEIP Maciñeira e San Isidro protagonizaban este mediodía un flashmob do tema “Midas” das Tanxugueiras. Unha multitudinaria coreografía, que onte ensaiaban por separado nos dous colexios, da man de UPA Un paso adelante. O resultado compartirase nuns días a través das redes sociais municipais.